Reabre o faro Vilán coa exposición 'Unha paisaxe en cada paso' sobre O Camiño dos Faros
Estará aberto de mércores a domingo de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas
J. M. Ramos
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas reabriu este xoves as portas do Edificio de Servizos Múltiples do Faro Vilán, onde veciños e visitantes poden visitar, un ano máis, o Centro de Interpretación de Naufraxios, Faros e Señalización Marítima da Costa da Morte, e a sala de exposicións, que inaugura a tempada coa exposición dedicada ao Camiño dos Faros que ten como título Unha paisaxe a cada paso.
Deste xeito o faro Vilán, o único visitable na Costa da Morte, recobra vida. Ata o verán as instalacións deste icónico espazo abrirán ao público de mércores a domingo, de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas, segundo informa a presidenta da asociación empresarial, Olga Campos. As súas salas acollerán ao longo do ano exposicións itinerantes e dende o faro ofrecerán tamén información turística.
- “A nivel salarial non está en absoluto recoñecido o labor que fan os alcaldes”
- Ames executa obras por valor de 2,76 millóns en Bertamiráns, Milladoiro e núcleos rurais
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- Ordes enxalza os champiñóns e A Estrada acolle as actividades do Día da Xuventude
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
- El 'hotel rosa' de Vedra, entre los diez mejores alojamientos de España para la Guía Michelín
- Boiro celebra o Día da Danza cun espectáculo protagonizado por cincuenta bailarinas de ballet
- La Inspección auditará el IES do Milladoiro para atajar la conflictividad