Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Autocita para as vacinas só para Erasmus e maiores de 50

A Xunta quere priorizar a vacinación da poboación de máis idade que aínda non recibiu ningún pinchazo. Os menores de 50 poderán pedir cita a medida que rematen as campañas activas ás que pertencen

A Xunta activará o vindeiro luns 5 de xullo o sistema de autocita para a vacinación fronte ao COVID. Segundo concretou este sábado o conselleiro de Sanidade, inicialmente só poderán acceder a el os menores de 30 anos que marchen de Erasmus o vindeiro curso, e os maiores de 50 que aínda non recibiron ningún pinchazo (a partir do mércores). Julio García Comesaña explicou que é “un tema de optimización de recursos” e que a prioridade da Xunta é “potenciar a citación en idades superiores”.

O conselleiro recoñeceu que ao Executivo autonómico lle gustaría “ter máis ocos e máis vacinas para a xente nova”, á que lle pediu un “esforzo adicional, como o que fixo ata o de agora, á espera de que consigamos vacinalos”. Aclarou García Comesaña a respecto dos menores de 50 anos, que poderán pedir autocita unha vez remate á campaña activa á que pertencen. Por exemplo, os da franxa de entre 40 e 49 anos que están a ser vacinados agora, poderán recorrer a este sistema unha vez finalice esa campaña e a vacinación se centre no grupo de 30 a 39 anos.

Insistiu García Comesaña en que a vía habitual de citación para a poboación en xeral será a través do SMS en función das vacinas dispoñibles.

COMO PEDIR A AUTOCITA

Foi o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Benigno Rosón Calvo, o que explicou o procedemento para pedir a autocita. Poderase facer desde a propia aplicación de citas do Sergas, que foi adaptada, tanto desde o ordenador como desde a app Sergas Móbil. Entrarase a través do número da tarxeta sanitaria, a Chave 365 ou o certificado dixital. As persoas que non son do colectivo Sergas, como Muface, tamén poderán entrar.

Unha vez dentro da aplicación, esta mostrará un icono da vacunación, cos días nos que é posible pedir cita e pedir franxa horaria preferente. A ferramenta mostraranos os 40 ocos máis próximos á nosa solicitude. Debemos engadir un teléfono de contacto. Feito esto, a cita queda rexistrada e poderémola consultar na aplicación como calquera outra cita.

03 jul 2021 / 12:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.