Federico García Lorca regresa a Santiago de Compostela nesta mostra pioneira
A exposición 'Lorca en Compostela' reúne na Casa do Cabido máis de oitenta documentos e pezas, algúns deles nunca exhibidos
Revelan a gran conexión do poeta andaluz con Santiago, coa lingua e a cultura galegas
ECG
A Casa do Cabido acolle desde esta semana, e ata comezos de novembro, unha mostra pioneira que reúne manuscritos, vídeos, debuxos, fotografías, testemuños e documentos varios, ademais de audios históricos, sobre a profunda relación que o poeta andaluz Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 - Víznar, 1936) mantivo con Santiago de Compostela e coa lingua e culturas galegas. A mostra, que leva por nome Lorca en Compostela, está comisariada polo editor e escritor Henrique Alvarellos e estruturada en dez apartados con máis de 80 pezas e documentos, cedidos por 25 institucións e particulares, e dos que algún deles se exhiben por primeira vez ao público.
Ao acto de inauguración acudiron este xoves, ademais do propio comisario, a presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas; membros do Consello de Administración do Consorcio que se reúnen no día de hoxe, e tamén outros membros da Corporación municipal compostelá.
Unha exposición pioneira
Na mostra, o público terá oportunidade de ver manuscritos orixinais de Lorca (poemas e dedicatorias), debuxos que realizou en Santiago no Hotel Compostela en 1932, imaxes en movemento da xira por Galicia da compañía La Barraca montando o escenario na Quintana ou paseando Lorca por Vigo, edicións únicas dos Seis poemas galegos (dende a primeira de 1935 ata singulares traducións ao xaponés ou ao lunfardo) e mesmo poderá escoitar o poeta tocando o piano e a Blanco-Amor recitando en Bos Aires en 1959 a "Danza da lúa en Santiago".
É a primeira vez na historia que se reúne toda esta documentación arredor de Lorca e Santiago, un autor que chegaría a definirse, nunha viaxe a Bos Aires, como "poeta gallego". Un escritor que ademais amosaba a súa admiración por Rosalía de Castro, que queda patente xa dende os seus primeiros inicios como escritor. Eduardo Blanco Amor chegaría a afirmar que Lorca quedou "fulminado" por Compostela.
Dez apartados
A mostra convida, xa á entrada, a sacar unha fotografía a carón de Lorca, reproducido a tamaño natural ou a velo en movemento na súa xira teatral por Galicia no verán de 1932.
No baixo e os dous andares do edificio da praza de Praterías poden visitarse dez apartados da mostra: Saca unha foto con Lorca; Un poeta en movemento; "Esto me hipnotiza"; Lorca, debuxado; Lorca, debuxante; La Barraca, na Quintana; A pegada escrita; "Llevo a Galicia en el corazón"; Lorca ao piano e A homenaxe dun pobo.
O horario do apertura da Casa do Cabido no verán é de 10 a 14 horas e 17 a 21 horas de martes a sábado e domingos de 11 a 14 horas.
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes
- La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
- Solo 15 edificios de más de 50 años han pasado la ‘ITV’ obligatoria en Santiago con el plazo a punto de vencer